[POLÍTICA]: Diego Calvo non será número dous e quédase sen Turismo

Alfonso Rueda ascendeu onte no Executivo a Diego Calvo como pago de taxas ao PP coruñés. De distinto xeito, converte a Francisco Conde no seu substituto, o seu novo capitán xeral en detrimento do de «San Saturnino», como a el lle gustará dicir. Perfil: Diego Calvo, o presidente fillo da partitocracia.


A criminoloxía dinos que o correcto para identificar a un suxeito como un asasino en serie é que este cometese un mínimo de tres asasinatos, cun espazo indeterminado de tempo entre os seus crimes. Esta tarxeta de identificación pode ser tamen empregada para o «político en serie»: aquel que teña pasado por tantos e diversos espazos políticos sen ter aportado nada máis que a súa presenza. Diego Calvo súmase a esa lista: presidente de Novas Xeracións, integrante nas listas municipais en San Sadurniño e Ferrol, delegado territorial da Xunta, cabeza de lista para as autonómicas, presidente da Deputación, presidente provincial do PP e agora vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Integrante dos «birretes» e herdeiro político do ex-alcalde coruñés Carlos Negreira, o seu nomeamento despois de 6 anos na casa de saída acentúa o debacle identitario do PPdeG, alonxado do galeguismo clásico resistente do último lustro. Así o deixou ver tamén o novo presidente, Alfonso Rueda, quen utilizou o castelán na súa coroación, esquivando a línea ata agora oficial de empregar o galego como lingua vehicular nos actos de trascendencia pública. A remodelación, que só tivo como novidade o nomeamento de Calvo, alonxa, ata o de agora, as pretensións de dar un novo impulso político á Xunta. Dende onte, o seu home de confianza pasa pola carteira de Economía, Industria e Innovación, con Francisco Conde na vicepresidencia primeira.

Os poucos cambios executados por Alfonso Rueda demostran que non fai falta reforzar a xestión nos puntos claves da Xunta e que o seu obxectivo é aguantar o tempo suficiente ata os novos comicios, para así relanzar as súas políticas con vistas a repetir goberno no 2024, a pesar de que deste xeito non evita alonxarse da sensación de esgotamento dun proxecto político que se iniciou no 2009. Lévase tamen con el Turismo, unha das carteiras de xestión máis importantes, quedando Calvo relegado a funcións menos visibles e de menor impacto político.

O derradeiro ascenso

Para poder vivir é necesario crer, dar sentido e construir invencións fabulosas que ofrezan unha resposta última a existencia. O desamparo existencial de Tolstói encontrou fin cando foi quen de chegar a esa conclusión: a fe como condición indispensable para sobrevivir. Nesa encrucillada encóntrase Diego Calvo, novo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, que leva dende os 18 anos vivindo do partido despois de pasar pola política local, provincial e, finalmente, o Parlamento. Busca saber cal é o seu camiño, tras ser ascendido por «cuota» e menosprezado en poder. Quedaralle fe ao de «San Saturnino»?

Ivan A.


La viabilidad de este periódico, en peligro

publicidade-1

Haga posible que podamos seguir escribiendo

A partir de la cantidad mínima de tres euros, elija el número de veces que quiera usted donar.

3,00 €