
«Florencio Delgado Gurriarán: bebedeira de ensoños». A mostra, que permanecerá no corpo central do edificio ata o día 8 de outubro, conforma unha ampla visión do autor valdeorrés.

A exposición, producida polo concello do Barco de Valdeorras e comisariada por Ricardo Gurriarán Rodríguez, foi inaugurada onte nun acto que contou coa presencia do propio comisario e representate da familia do autor. A pesar de que data de 1999, os paneis repasan quen foi e que implica a figura de Gurriarán con «total vixencia». Organizada por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a exposición ilustra de «xeito fidedigno» a vida deste galego ilustre, homenaxeado co Día das Letras Galegas do ano 2022.
Redacción.
La viabilidad de este proyecto, en peligro

Haga posible que podamos seguir escribiendo
A partir de la cantidad mínima de dos euros, elija el número de veces que usted quiera donar.
2,00 €