[POLÍTICA]: Miguel Lorenzo, nin unha palabra en galego, nin en campaña nin na TVG

O candidato á alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, causa controversia ao negarse a empregar o idioma galego nas súas intervencións públicas durante a campaña electoral. O alcaldable tampouco falou en galego durante a súa intervención no debate electoral da TVG, a diferenza da candidata popular da cidade de Vigo, Marta Fernández-Tapias.


A postura do candidato do Partido Popular, que ven de pedir en sete idiomas diferentes o voto da poboación estranxeira, sorprende a sectores políticos e sociais que defenden a promoción e uso da lingua galega. O popular tampouco foi capaz de saudar a Luís Ojea en galego, moderador e condutor do programa especial de debate entre os candidatos municipais que se realizou o pasado martes na TVG. Dos 10 representantes invitados a participar nos dous programas especiais, só Lorenzo decidiu empregar en todo momento o castelán.

Por outra banda, o seu programa electoral, sen apenas mencions culturais -agás a recuperación de festas relixiosas e promoción das mesmas-, tampouco procura resolver ningunha promesa sobre o futuro do galego.  Co escrutinio cidadán no seu máximo fulgor, a decisión de Miguel Lorenzo causa interrogantes e debates sobre o respecto a identidade e a cultura da Coruña, onde se estima que máis de 50.000 coruñeses empregan de forma cotiá a lingua galega. A falta de sensibilidade cultural pode incidir, segundo varios politólogos consultados, na traxectoria electoral do candidato conservador, que segundo as últimas enquisas, afástase do voto mais vello.

Unha axenda especial por Fernández del Riego

Fundador da editorial Galaxia, home de profundas conviccións galeguistas e gran loitador, foi quen de erixir o 17 de maio como unha das meirandes celebracións do país. A Coruña envorcarase en celebrar a un home de inusitado carácter e gran amigo do humano: os xardíns de Méndes Núñez acollerán dende as 11.00 da mañá actos culturais, o Obelisco será punto de partida da concentración de Queremos Galego e a Asociación Lar de unta proxectará nunha sesión vermú un documental especial adicaco ao autor.

Redacción.


Anuncios

La viabilidad de este proyecto, en peligro

publicidade-2

Haga posible que podamos seguir escribiendo

A partir de la cantidad mínima de dos euros, elija el número de veces que usted quiera donar.

2,00 €